Páginas

4/6/10

VICENTE REBOLEIRO, POETA DO CAUREL.


Vicente Reboleiro González, acaba de sacar o seu primeiro libro de poesía, "Prenderei a lareira", na Editorial Bahía Edicións.




Vicente Reboleiro González, amigo, veciño e discípulo de Novoneyra.


O poeta de Parada cítao como “o poeta de Ferramulín” no libro “Dos soños teimosos”:

………“O pasado coma un lume aceso, non só a cinsa.
Acender o lume na lareira, para que arda en homenaxe ós antepasados, como fai Vicente, o poeta de Ferramulín”   (pax. 35,  "Dos soños teimosos", Ed. Noitarenga).

 
Este Vicente, que naceu fai case 50 anos en Ferramulín, onde se criou, de neno foi a escola de Órreos, esta aldea cabeceira da parroquia do mesmo nome quedou deshabitada nos anos setenta, inda que agora conta de novo con tres veciños, dende fai tres anos, atopándose en estado totalmente ruinoso,… escola, igrexa e cimiterio incluídos.



Hoxe, Vicente, traballa no ensino, é profesor de Galego en Malpica, no IES Urbano Lugrís.

Participou sempre na defensa ambiental do Courel, xa nos anos noventa, cando os veciños de Ferramulín foron quen de desbotar a minicentral que ía secar a Fervenza de Vieiros.

 
É o gaiteiro da Orquestra Tombalobos.

 



Xa tiña colaborado en publicacións didácticas como “Aires de Festa”.


Foto de Vicente Reboleiro no Mirador de Polín (Rogueira) cos seus alumnos e compañeiros de Malpica, o pasado 20 de maio, cando viaxaron ó Courel para participar cun Instituto de Lugo, nunha excursión-intercambio polas terras de Novoneyra.

.

.

.






No hay comentarios:

Archivo del blog