Páginas

23/7/08

XI Filandón de Músicas do Caurel.

O FILANDÓN 2OO8 NA FERRERÍA DE SEOANE.










O FILANDÓN sigue sendo, despois de 11 anos, o evento máis importante do Caurel.










Un día de recordos inolvidábeles para a xente do Caurel.

Moi pronto, será declarado de interés cultural e turístico pola Xunta de Galicia.

Mirian Figueiras amenizou, ca súa doce voz, unhos momentos de suma calidade musical e interpretativa.
"Los Courtier", (gaita, clarinete, bombo e tambor), interpretaron con precisión e virtuosismo.
O profesor do Conservatorio de Ourense, Daniel Meiriño, xunto a prodixiosa Helena Sousa, campeona de España de acordión, "Sons da Eira", puxeron o punto de calidade excelsa. Marcos Foxo fixo vibrar a gaita con maestría, temos unha nova figura no Caurel.



Dúo catalán innovador.



A xuventude ten, no Filandón, unha oportunidade de coñecer xente e ver como cantaban os seus antergos.








Concha e Foxo son os organizadores do Filandón, dous grandes e perfeutos planificadores: traballadores incansábeles polo Caurel e a súa cultura.

O famoso cura Mato, fundador de Fuxan Os Ventos, cooperante importante do Filandón, expuxo a problemática do Caurel, dende o comentario do artigo: "¿O Caurel existe....? ".



Ricardo Locay alabou O Caurel, a Ferrería, e a labor de Foxo e Concha.










Manola Porto, unha gran profesional das ondas de Monforte, presentou as actuacións do Filandón.





Pepe Locay, un alto executivo de empresa, fixo, hoxe, de ferreiro e mostrou a Ferrería e a súa historia.




Boa poesía do Caurel do escritor e poeta Xesús Alfonso Parada Jato, de Meiraos.

Jesús Galán tamén recitou.






As grandes cantoras do Caurel: Hilda e Angelita, xunto con Pepe de Ferreirós, cantor e escultor, que fixo a estatua de Foxo.


Touzón, decidor de romances.
Os louzariños co seu maxistral saxo.



Claudio e músicos da Serra.



José Ramón Casanova experto profesor, fotógrafo e cronista de Monforte e O Caurel: http://www.jrcasan.com/

O actor José Manuel Pol e Casan, na Ferrería Locay.

Paco Rivera, periodista de O Progreso, homanaxeado.






O Filandón é moito máis que música.



Maruxa de Noceda fai feixós con mel , exquisitos, a maneira máis tradicional da Serra do Caurel.





O Filandón do Caurel ten porvir, porque está empapado de sentimento e humanidade..







Sonido espectacular




Enlaces:
http://www.jrcasan.com/caurel/filandon2008/Filandon.htm

http://www.jrcasan.com/caurel/ferreria/ferrerria%20de%20Seoane.htm

Caurel é natureza, cultura viva e diversa,....a Ferrería é o paradiso....


Escribe: Ricardo Locay Aira.

( http://perso.wanadoo.es/ricardolocay

http://ricardolocay.iespana.es/

http://www.ferreriadecaurel.unlugar.com/ ).






____________________________________________________
____________________________________________________
____________________________________________________

15/7/08

"O Filandón de Músicas do Caurel".

O DÍA 20 DE XULIO DO 2.008 CELÉBRASE "O FILANDÓN" NA FERRERÍA DE SEOANE. CAUREL.


"O FILANDÓN" é o evento máis importante que se fai no Caurel.
Xosé Loís Foxo é o motor diste festival de música étnica, que xa vai pola 11 edición.
Iste ano, será declarado "de interés cultural e turístico" pola Xunta de Galicia.







"O Filandón" ten un interés social-cultural de primeiro orden. Ademais, úneselle o valor histórico.

Máis de 20 actuacións teñen lugar na Ferrería de Seoane con motivo do Filandón.


A xigantesca "Ferrería Locay" abrirase o público, gratuitamente, nos primeiros momentos do Filandón, con funcionamento das máquinas. Unha multitude de xente visita iste lugar paradisíaco, entre ríos, prados e soutos de castiñeiros, para escoitar música tradicional, cancións, coplas, poemas.....














Vídeo Banda de Gaitas do Caurel:

http://es.truveo.com/Músicas-de-Caurel/id/3524123809

......

Enlaces a vídeos de José Ramón Casanova:

http://www.jrcasan.com/caurel/filandon_2007.htm

http://youtube.com/watch?v=ofCaosVAlns&feature=related



__________________________________________________________________

Consello da Rede de Parques Naturais.

A XUNTA CREA O "CONSELLO DA REDE DE PARQUES NATURAIS".


A creación do "Consello da Rede de Parques Naturais de Galicia" é un paso adiante, decisivo pro desenrolo destas zoas de natureza. Varias Consellerías participarán no desenrolo dos Parques Naturais: Medioambente, Medio Rural, Turismo, Cultura, Vivenda, Urbanismo, Educación, Traballo, Economía e Pesca.

Unha gran oportunidade surxe para O Caurel: ser Parque Natural vai ser sinónimo de RIQUEZA e BENESTAR.

Caurel debe ser Parque Natural para elevar, sustanciosamente, o nivel de vida dos seus habitantes.

Enlaces:

http://www.xornal.com/article.php?sid=20080714183124

http://elprogreso.galiciae.com/nova/13839.html


_________________________________________________

11/7/08

Caurel turístico.

A ASOCIACIÓN DE HOSTELEIROS DO CAUREL "SERRA DO COUREL" COLOCA SINALES DE RUTAS TURÍSTICAS.

Os hosteleiros recibiron unha importante subvención da Xunta de Galicia para limpar as rutas e colocar as sinales explicativas.

Era unha necesidade imperiosa limpar e sinalizar as rutas, xa que estaban completamente abandonadas.


A asociación "Serra do Courel" comprometeuse a manter as rutas nas debidas condicións durante dez anos.












O CAUREL necesita máis promoción turística: leva unhos anos no total abandono institucional.



_______________________________________________________________________

Archivo del blog