Páginas

13/5/09

HOMENAXE A ILDA, PEPE E CONSUELO.



Ilda, Pepe e Consuelo son os cantores de Ferreirós.


Conocedores de máis de mil cancións, poemas, coplas e romances ....Algunhas de máis de 500 anos.

Ilda ten unha voz cristalina, Pepe é un gran escultor, autor da estatua de Foxo, que está na Ferrería, unha obra de arte impresionante. Consuelo, emigrante os EEUU., reflexa bondade e amor por O Caurel.

Asistiron unhos 80 amigos da cultura tradicional do Caurel.


Os comensales foron obsequiados por Foxo cun CD e un DVD de "CANTARES DA SERRA DO CAUREL", por Ilda Álvarez Macía.


















Xosé Loís Foxo entregoulles un título e a medalla de ouro da Real Banda de Gaitas a ILDA, PEPE e CONSUELO, por ser unhos artistas excepcionais, que enriquecen e preservan o patrimonio cultural do Caurel. ( A labor de Foxo e Concha é encomiable).

















.

GALERÍA DE FOTOS:

(Comida no restaurante Anduriña).

( Pincha na foto).






































































































Os "Amigos do Filandón" é o grupo humán máis importante do Caurel, que desarrolla unha convivencia sana i é a testamuña da conservación do patrimonio inmaterial do Caurel. Foxo e Concha dirixen, con acerto, os eventos o largo de cada ano.
-
.
Enlaces:

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2009/05/15/0003_7717796.htm



....
Videos.

.

.

5/5/09

HOMENAXE OS IRMÁNS ÁLVAREZ MACÍA: ILDA, PEPE E CONSUELO.




10 de Maio do 2009 SAVANE do CAUREL (Lugo)


HOMENAXE OS IRMAOS ÁLVAREZ MACÍA.

PRESENTACION CD/DVD CANTARES DA SERRA DO CAUREL

13.30 h. Alborada da Banda e Gaiteiros do Caurel. 14,00 h. Santa Misa na Igrexa de Savane.

14,30 h. Xantar en honor aos irmaos, CANTORES DE FERREIRÓS, no Restaurante Anduriña. (RESERVAS Tlf., 982 433 066). 3 ENTREGA DE DISTINCIÓNS. 3 DECLAMACIÓN DE POEMAS ADICADOS AOS IRMAOS CANTORES: CONSUELO, ILDA E PEPE.

3 ACTUACIÓNS ESPONTÁNEAS DOS AMIGOS DO FILANDÓN. CANTORES DE FERREIRÓS: ILDA, CONSUELO, ROGELIO Y PEPE

Como unha tradición instaurada entre a gran familia que conforman os amigos do Filandón, hoxe queremos tributar homenaxe aos irmaos Consuelo, Ilda e Pepe Álvarez Macía de Ferreirós, ao mesmo tempo que presentamos o importantísimo traballo en CD/DVD CANTARES DA SERRA DO CAUREL, personificado na figura excelsa de Ilda. A irmandá dos cantores de Ferreirós é o paradigma de calquera familia do Caurel ou de Galicia que coa súa sensibilidá, a súa paz e os seus valores metafísicos souberon manter o espíritu dos nosos cantares e das nosas músicas de xeneración en xeneración. Como queda reflexado no traballo que hoxe presentamos, según nos tén contado Ilda, despois da Guerra (1936-39) o cego de Eixón que aledaba os lugariños da Serra do Caurel, xa lle ofrecera aos seus pais un peso por día se cantaba ao son do seu violín. Os cantores de Ferreirós, os que non se poden entender sen o apoio do tío Rogelio, a quen tributamos no seu día unha homenaxe, constitúen xa un referente das Músicas do Caurel sendo a súa presencia esencial no Filandón que ano tras ano se vén celebrando. Nas publicacións de Músicas do Caurel, nas que se recollen en torno a un millar de cantigas, as voces e aportacións dos cantores de Ferreirós son fundamentales, tendo a sorte de poder recollelas en grabacións e pautas musicais. O corpus musical dos Cantares da Serra quedarían incompletos sen a aportación de Consuelo, Ilda e Pepe. Queremos recordar eiquí a herdanza gaiteiril dos irmaos que hoxe homenaxeamos, personificada no seu avó, o gaiteiro Ramón Macía de Santa Eufemia, tamén recordado a través da escultura do gaiteiro que Pepe tan cuidadosamente esculpiu, patrimonio monumental da Gran Ferrería de Caurel. Gracias Consuelo, Ilda e Pepe por aportarnos a vosa música, a vosa alegría, a vosa sabedoría e, sobre todo a vosa familiaridá.

Xosé Lois. Maio 2009
.
.