Páginas

11/7/14

FILANDÓN DE MÚSICAS DO CAUREL 2014.









          3 de Agosto do 2014,
 as 18 horas,
 na Ferrería de Seoane, Caurel. Lugo.
.
Anuncio Filandón.
 
(Declarado de interese turístico e cultural).

Visita a Ferrería Locay, as 17,30 horas.


PROGRAMA
XVII FILANDÓN DE
MÚSICAS DO CAUREL


Presentación:   Manola Porto 
.
 
* Chamada ao Filandón (Cornos celtas de Xan de Vilar e
Manuel de Outeiro)
* Intervención: Ricardo Locay Aira
* Banda de Gaitas de San Clodio
* Presentación Libro-son OS PADERNES-CD Festa en
Visuña1974, coa actuación de Ilda e Pepe de Ferreirós
 * Orquesta Paladium (Tésera Hospitalidá a Bautista A.)
* Sindy Carrera e Xosé Torres (Tésera Hospitalidá)
* Xosé Lois González-Carrabouxo (Tésera Hospitalidá)
* María do Ceo (Tésera Hospitalidá)
* José Veloso Valcárcel (Brindeiro de Forgas)
* Cantores de Ronda de Arnado (Oencia)
* María Santín Balboa de Quintela d´Oencia
 * Gaiteiros "O Recanto de Quiroga"
* Familia Lolo d'Oencia
* Manuela Iglesias Blanco de Dragonte-Corullón-O Bierzo
* Rosario García de Xestoso d'Oencia
* Cantareiras Cernellas de Bóveda con Juanjo Fdez.
* Gaiteiros de Claudio de Eiríz
* Juan Corzo de Celavente
* Xesús Galán (Poeta-gaiteiro)
* Cantores de Villarrubín
* Alfredo González e José Romero
 * José Luís Sampaio (Batería dos Padernes)
* Dúo Elvira Touzón Quiroga
* Fernando Cabo Sánchez da Labrada
* Isabel e Amelia de Barcelona
* Banda de gaitas do Centro Galego de Navarra

Exposición de discografía, bibliografía,
Instrumentos Populares

Organiza:
                    Xosé Lois Foxo.


Disco_libro de "Os Padernes":




Vídeo de María do Ceo:
http://www.youtube.com/watch?v=fwOu09IuVms&feature=youtu.be


.
Filandón de Músicas do Caurel:
https://www.youtube.com/watch?v=6L_Rz6UMQ40

.

.


.
     

3/7/14

HOMENAXE A "OS PADERNES".

O día 5 de Julio, as 13 horas, tuvo lugar a homenaxe a "OS PADERNES", a orquesta que amenizou as festas do Caurel.

 Un monolito do escultor  Francisco Escudero Carril inmortalizou o recordo distes extraordinarios músicos do Caurel.

Xosé Lois Foxo foi o organizador do evento.

Fotos da orquesta:





 

  

Enlaces:



Rumba dos Padernes:



Poesía:

HOMENAXE “OS PADERNES”


Pérdese no tempo

como e cando escomenzaron,

con cantos instrumentos

e quenes a formaron.

Sí quedaron na memoria

de varias xeneracións,

que durante a súa historia,

animaron con cancións.

Eran grandes profesionais,

que tocaban con soltura,

como músicos excepcionais,

as notas da partitura.

Nos anos de sufrimento,

vilas cheas de xente,

loitando e sobrevivindo,

na penuria permanente.

Coa música como arte

e único acto de cultura,

enviaban a outra parte,

por un día, as amarguras.

E, despois da festa,

sen dormir, a traballar,

que o gando non fai sesta

e o campo non pode esperar.

Saxo tenor e baixo,

batería e dúas trompetas,

pasodoble, cumbia e tango,

a sintonía é completa.

A veces, a melancolía

volve a extremecerme,

recordando aqueles días,

que amenizaban “Os Padernes”.

De San Vicente a San Martiño,

cargando cos instrumentos,

percorrendo, sempre, con tino,

os camiños polvorentos.

Pola mañá, a alborada,

pola noite, a verbena,

o roscón, as mantecadas,

e a tertulia na cena.

E, así, de vila en vila,

animando algún patrón,

unha boda moi fina,

e os bailes do salón.

Tal vez, nosos maiores,

con iles, se namoraron,

e, o son das versións,

o seu amor se declararon.

Eu, tamén, iba na cola,

dos que andaban buscando,

alguha rapaza sola,

pre ligala bailando.

E emocionábame escoitando,

coma todo o mundo eiquí,

oíndo a Chelo cantando:

La chica de la boutique”

Agora , a orquesta ,

cambiou de escenario:

están animando a festa,

aos seus fans, no outro barrio.

¡Cántos momentos vividos,

tanto que agradecerlles,

por haber existido,

a orquesta “Os Padernes”!.

Xa quedades perpetuados
nun monolito de pedra,
sempre sereis recordados
pola xente desta terra.
                                                                      Jesús Locay Aira.

FOTOS DO EVENTO:



 
 
.

.Disco_libro de "Os Padernes":

.
(Seguiremos poñendo fotos).





29/5/14

MÚSICA DO CAUREL EN SAN PETERSBURGO.

Xosé Lois Foxo leva a música do Caurel a San Petersburgo, en Rusia.


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2014/05/28/musica-do-courel-san-petersburgo/0003_201405M28C5991.htm#.U4V9d8S5FSk.facebook

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/05/21/real-banda-ofrece-concierto-museo/1026981.html 


https://www.youtube.com/watch?v=D8N_zCyyr0E 


Entrega o Museo do Hermitage de San Petersburgo o libro-disco "Músicas do Courel", que recolle a tradición musical desta terra.

Foxo universaliza e da a coñecer a nosa terra .

Estaba presente o Presidente da Real Academia da Lingua Galega, Xesús Alonso Montero.

.

.

12/4/14

PRESENTACIÓN DO "CANCIONEIRO DE OENCIA E CONTORNA" EN LUGO.

Xosé Lois Foxo presentou "O Cancioneiro de Oencia e Contorna"  na librería Sargadelos en Lugo o 19 de decembro do 2013.

Xulio Xiz, Paco Rivera e Ricardo Locay alabaron a gran labor que fai Foxo, recuperando o patrimonio inmaterial e promocionando a cultura.


(pincha nas fotos)



















































Xosé Lois Foxo  sigue rescatando a cultura da nosa terra, evitando a súa desaparición.



.


 
,



,
.



Archivo del blog