Páginas

9/7/16

FILANDÓN DE MÚSICAS DO CAUREL 2016.




 Xan de Vilar tocando o corno celta.



FILANDÓN DE MÚSICAS DO CAUREL

O Filandón de Músicas do Caurel nace como un foro prá posta en valor do patrimonio lírico e musical conservado e trasmitido polas vellas xeneraciois. Os antergos cantares, rondas da serra, músicos e poetas danse cita nunha xornada histórica.

No contexto da gran Ferrería Locay, monumental construcción de comenzos do século XIX, sucéndense as distintas actuaciois a partires do son dos roncos cornos celtas que serviron noutrora pra reunir aos veciños con motivos de interés colectivo.

Hoxe, cando estes cantos deixaron de ter vigor, os que noutrora formaban parte da vida da xente, desexamos salvalos do esquecemento e trasmitilos a novas xeneraciois. Por eso este Filandón nace como documento prá historia das Músicas do Caurel e da súa cultura, traducido nas distintas publicacións en música impresa, documentación fotográfica, audio e video.

O Filandón é punto de encontro referente universal e atracción para especialistas e profesionais da música étnica que nos visitan desde lonxanos lugares do planeta, que comparten unha linguaxe común: a música.

Desexamos honrar aquelas persoas que nos trasmitiron o saber dos séculos, recordalas e tributarlles este homenaxe, especialmente, a tantos e tantos que nos acompañaron neste foro e xa non están con nós.

Agradecer a tódalas persoas que acuden á nosa chamada, os que, coa súa presencia, están honrando os valores dos nosos antergos.

¡Qué sirva, o Filandón, de testigo do que as nosas xeneraciois esquecen!

 
Dirixe e organiza:   Xosé Lois Foxo.  

_________________________________________


______________________________________



_______________________________________
.______________________________________


Emilio Rúa.
_______________________________________



Orquesta "Río Leira" antes de empezar O Filandón.

____________________________________
 

Alfredo González Vilela.
_______________________________________

Xindy Carrera e José Torres.

_______________________________

Nun lugar paradisíaco, entre ríos, soutos e prados ... na Ferrería de Seoane, Caurel. Lugo.
.

.
http://larutadellor.blogspot.com.es/


Mazo Ferrería Locay.


Mapa:
.https://www.google.es/maps/place/FERRER%C3%8DA+DE+SEOANE/@42.6365111,-7.1517888,15z/data=!4m5!3m4!1s0x0:0x7b0902bd982b369d!8m2!3d42.6365111!4d-7.1517888
.
.
.


.
.


.
.


.

.