Páginas

25/7/10

FILANDÓN DE MÚSICAS DO CAUREL, 8 DE AGOSTO DO 2010.

O "Filandón de Músicas do Caurel" está dedicado, este ano, o gran poeta do Caurel, Uxío Novoneyra.

 Pilocha cantará poemas do gran poeta galego, autor de "Os Eidos".

Organizado por Xosé Loís Foxo Rivas, director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.
(Pincha nos nomes).

Evento de interese turístico e cultural, recoñecido, como tal, pola Xunta de Galicia. O único, do Caurel, con recoñecemento oficial pola Administración.

Ven e pasa un día no Caurel, nun lugar paradisiaco ....

.

.




24/7/10

MANUEL VILLASOL HOMENAXEADO EN PEDRAFITA.


Manuel Villasol recibiu unha homenaxe multitudinaria en Pedrafita do Cebreiro, o venres, 23 de xulio.
Máis de 200 persoas participaron nunha cea-homenaxe, na que estaban o presidente da Deputación, José Ramón Besteiro, o subdelegado do goberno, José Vázquez Portomeñe, o alcalde de Lugo, José López Orozco e veciños de Pedrafita, Becerreá, Navia, Cervantes e outros concellos.
Manuel Villasol é tenente de alcalde de Pedrafita e a súa labor no Concello caraterízase pola entrega o servizo público. Home honesto e servicial, non reparou nunca en esforzos en favor do ben común. Nacido en Louzarela en 1930, Manuel Villasol  viuse obrigado a emigrar  nos anos 60. Despois de traballar en Francia e Suiza, na década dos 70 regresou. Home de profundas convincións, iniciou unha etapa de activismo político contra a ditadura de Franco. Entra como concellal en 1970.  Militante do PSOE, desde 1983 é concellal de forma contínua. Niste intre, ten 80 anos e sigue traballando polo Concello.
Unha vida exemplar loitando pola democracia e o progreso de Pedrafita, que foi recoñecida polo Concello e o PSOE con sendas placas.
Homes como Manuel Villasol engrandecen a política, derrochando esforzo, solidaridade e dedicación en ben de todos. 

.

.

.