Páginas

16/2/11

"LEMBRANZAS DO COUREL", por Xesús Alfonso Parada Jato.

Presentado o novo libro, "LEMBRANZAS DO COUREL", do escritor Xesús Alfonso Parada Jato.
______________________________________________



LEMBRANZAS D O CAUREL

AUTOR: JESUS ALFONSO PARADA JATO
EDITORIALTOXOSOUTOS
ISBN: 978-84-92792-53-5
EAN: 9788492792535
PRECIO:  14 € 
AÑO: 2011
LUGAR DE EDICIÓN: Noia




Ficha:

A cultura segue a estar viva mentres haxa persoas que a lembren e participen dela, coma unha casa con fume indica que dentro habita ben ou mal, por moito ou pouco tempo, algunha persoa. Mais cando as paredes rechan e o tellado afunde, xa ninguén vive alí. No entanto o seu espírito aínda perdura por algún tempo máis. Mentres haxa unhas pedras colocadas a xeito de parede, unhas pequenas ruínas que testemuñan que alí houbo algo, por cativo que fose, aínda é posible establecerse novamente. Este libro  é iso, retallos de aquí e de acolá coma as efémeras imaxes dun soño no cal estamos nun lugar ou noutro. Así é o mundo dos soños, de súpeto as cousas van e veñen, trócanse noutras, todo xira vertixinosamente, facemos viaxes inesquecibles, vivimos o que non coñecemos e facemos o que non podemos cando estamos espertos.

____________________________________________________________________________________________________________

Os contidos son:
contos populares, cantigas, costumes, práticas agrícolas tradicionais, anacos de historia local... A maior parte do libro está recollida da tradición oral ....


Dende a miña casa, ésta que está na parte baixa da fotografía, Casa Locay, na Ferrería de Seoane, vexo a mirada de Xesús  sobre as nosas vivencias de nenos e adolescentes .... e dámoslle as grazas por levalas os libros para que non se perdan no ocaso dos tempos ....
¡ Caurel é o templo da Natureza !



.


.


.