Hoxe sentimos gran satisfaizón de haber recoñecido, en vida, a extraordinaria valía de Uxío, como poeta, decidor e como persoa.
O día 9 de Maio, celebrouse unha homenaxe o noso querido poeta UXÍO NOVONEYRA.
O 17 de Maio, tivo lugar a homenaxe da REAL ACADEMIA DA LINGÜA GALEGA.
Estase elaborando un vídeo-DVD sobre Novoneyra, por Espazos Sonoros, cantado e musicado por Emilio Cao, con paisaxes da Ferrería de Seoane.
En setembro, Emilio Cao dará un recital, posiblemente, na Ferrería de Seoane, no Caurel, cos poemas de Novoneyra.
Lugopatrimonio quere facerlle unha homenaxe no Caurel, despois do vrán.
Uxío, o poeta do Caurel, recibe un reconocemento universal, pasando a engrosar o noso patrimonio.
http://www.uxionovoneyra.com/
http://caurel.superforos.com/viewtopic.php?t=163&sid=e3f9cad9d2e001649297535db4c9a0d8
Uxío, no Parnaso, xunto os grandes poetas, recibirá a nosa homenaxe..., que o consagra como fillo predilecto de Galicia i excelso poeta...
A estrela de Uxío brilará sempre no firmamento galego.
ELEXÍA A UXÍO NOVONEYRA:
Xa nunca máis,
de tanto calar, falará.
Xa nunca máis,
o achegado, nos cantará.
Xa nunca máis,
ca súa voz, nos emocionará.
O poeta
calouse para sempre;
como un cometa,
pasou a un espazo diferente.
Pero a súa estrela
quedou entre a xente,
que o lembra,
o admira, sinte e quere.
Colleu o coche de líña,
billete de ida, soamente,
e cara o azul partía,
en silenzo, tranquilamente.
Deixounos
un gran vacío e pena.
e, como legado,
todos os seus poemas.
Para ensinarnos
a ver o que está cerca
e, así, descubrirnos
tantas cousas belas.
Que sexa, agora, continuado
polos novos poetas
e a musa vaia quedando,
entriles, como esencia.
Fai ista viaxe,
sin pluma nin papel,
como único equipaxe,
a alma do Caurel.
A concencia tranquila,
de quen sabe, ben seguro,
que xa nunca o esquecen,
os que deixa, no futuro.
Foise deiquí alentando
a espranza de que, mañá,
se poida ir camiñando
pola terra liberada….
Polo Olimpo pasou, sin parar,
ata a Arcadia, para descansar;
alí, o esperaban
María Mariño e Pondal,
xunto a Rosalía,
Curros e Castelao,
E, tamén, Celso Emilio,
Fole e Cabanillas,
que, o verlo, dixeron:
¡compañeiro!,… ¿qué tal?
Por fin, xa estamos todos…,
eres o que faltaba…,
con reverencia e bons modos,
franqueáronlle a entrada.
Alí, ademais, estaban
os trovadores do loar,
escritores que admiraba
e outros xenios do cantar.
En ningún outro ceo,
se sentirá tan cheo,
con recitales de poesía
e tertulias cada día.
Pero, podo asegurarlles,
que, cada primaveira,
cando esté frorecida
a Devesa da Rogueira,
camiñará, feliz, polas ladeiras,
a alma de Uxío Novoneyra.
Polo Real, a Lomba, Pinza e Cido,
xa ninguén canta,
os paxaros enmudeceron,
o mesmo lle pasa
o lobo, o río e os camiños,
votan, en falla,
o amigo, que perderon….
Fontes e carrozos,
rebolas e faias,
sofren a ausencia,
teñen contrida a alma.
"Grande do Caurel",
"Fillo Predilecto",
sembrador de poesía
e poeta inmenso.
Fontes e carrozos,
rebolas e faias,
sofren a ausencia,
teñen contrida a alma.
"Grande do Caurel",
"Fillo Predilecto",
sembrador de poesía
e poeta inmenso.
No templo da Natureza,
na Galicia enteira,
toda a xente lembra
toda a xente lembra
a Uxío Novoneyra.
Uxío terá, sempre, un lugar no noso corazón....
No hay comentarios:
Publicar un comentario