Páginas

18/5/10

HOMENAXE A UXÍO NOVONEYRA.



A Asociación Sociocultural i Ecolóxica "Vitoreira", a primeira asociación fundada no Caurel, que eu teño o honor de presidir,  declarou a Uxío Novoneyra, fai moitos anos, "GRANDE DO CAUREL", por pintar como naide, con parolas, a paisaxe, as costumes e a xente do Caurel....
Hoxe sentimos gran satisfaizón de haber recoñecido, en vida, a extraordinaria valía de Uxío, como poeta, decidor e como persoa.


O día 9 de Maio, celebrouse unha homenaxe o noso querido poeta UXÍO NOVONEYRA.




O 17  de Maio, tivo lugar a homenaxe da REAL ACADEMIA DA LINGÜA GALEGA.



Estase elaborando un vídeo-DVD sobre Novoneyra, por Espazos Sonoros, cantado e musicado por Emilio Cao, con paisaxes da Ferrería de Seoane.
En setembro, Emilio Cao dará un recital, posiblemente, na Ferrería de Seoane, no Caurel, cos poemas de Novoneyra.






Lugopatrimonio quere facerlle unha homenaxe no Caurel, despois do vrán.

O FILANDÓN DE MÚSICAS DO CAUREL estará dedicado a Uxío Novoneyra, o gran poeta do Caurel.


Uxío, o poeta do Caurel, recibe un reconocemento universal, pasando a engrosar o noso patrimonio.


http://www.uxionovoneyra.com/

http://caurel.superforos.com/viewtopic.php?t=163&sid=e3f9cad9d2e001649297535db4c9a0d8





Uxío, no Parnaso, xunto os grandes poetas, recibirá a nosa homenaxe..., que o consagra como fillo predilecto de Galicia i excelso poeta...


A estrela de Uxío brilará sempre no firmamento galego.

ELEXÍA A UXÍO NOVONEYRA:

Xa nunca máis,
de tanto calar, falará.
Xa nunca máis,
o achegado, nos cantará.
Xa nunca máis,
ca súa voz, nos emocionará.

O poeta
calouse para sempre;
como un cometa,
pasou a un espazo diferente.

Pero a súa estrela
quedou  entre a xente,
que o lembra,
o admira, sinte e quere.

Colleu o coche de líña,
billete de ida, soamente,
e cara o azul partía,
en silenzo, tranquilamente.


Deixounos
un gran vacío e  pena.
e, como legado,
todos os seus poemas.

  
Para ensinarnos
a ver o que está cerca
e, así, descubrirnos
tantas cousas belas.

  
Que sexa, agora, continuado
polos novos poetas
e a musa vaia quedando,
entriles, como esencia.

Fai ista viaxe,
sin pluma nin papel,
como único equipaxe,
a alma do Caurel.

A concencia tranquila,
de quen sabe, ben seguro,
que xa nunca o esquecen,
os que deixa, no futuro.


Foise deiquí alentando
a espranza de que, mañá,
se poida ir camiñando
pola terra liberada….

Polo Olimpo pasou, sin parar,
ata a Arcadia, para descansar;
alí, o  esperaban
María Mariño e Pondal,
xunto a Rosalía,
Curros e Castelao,
E, tamén, Celso Emilio,
Fole e Cabanillas,
que, o verlo, dixeron:
 ¡compañeiro!,… ¿qué tal?

Por fin, xa estamos todos…,
eres o que faltaba…,
con reverencia e bons modos,
franqueáronlle a entrada.

Alí, ademais, estaban
os trovadores do loar,
escritores que admiraba
e outros xenios do cantar.

En ningún outro ceo,
se sentirá tan cheo,
con recitales  de poesía
e tertulias cada día.

Pero, podo asegurarlles,
que, cada primaveira,
cando esté frorecida
a Devesa da Rogueira,
camiñará, feliz, polas ladeiras,
a alma de Uxío Novoneyra.













Polo Real, a Lomba, Pinza e Cido,
 xa ninguén canta,
os paxaros enmudeceron,
o mesmo lle pasa
o lobo, o río e os camiños,
votan, en falla,
o amigo, que perderon….


Fontes e carrozos,
rebolas e faias,
sofren a ausencia,
teñen contrida a alma.


"Grande do Caurel",
"Fillo Predilecto",
sembrador de poesía
e poeta inmenso.

No templo da Natureza,
na Galicia enteira,
toda a xente lembra 
a Uxío Novoneyra.

   Jesús Locay Aira.
 (Canción dedicada a Uxío).






Uxío terá, sempre, un lugar no noso corazón....

Escribe: Ricardo Locay Aira.

____________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________

.
.








11/5/10

DOMINGO BALBOA RECIBIU UNHA HOMENAXE DOS AMIGOS DO FILANDÓN.

O día 9 de maio, no restaurante "O Carolo", do Cebreiro, Domingo Balboa, gaiteiro de Riocereixa, recibiu unha homenaxe, organizada por Xosé Lois Foxo cos Amigos do Filandón.
Iste músico, de 84 anos, que empezou a tocar cun punteiro de sabugueiro, é un consumado artesán. Fabrica gaitas orixinais moi interesantes.
              

A súa relación ca música foi intensa. Aportou gran cantidade de cancións as "Músicas do Caurel", publicadas por Foxo.





15/3/10

MARCO FOXO PRESENTA O PRIMEIRO DVD.

MARCO FOXO presentou o primeiro DVD ante os medios de comunicación.

Na Sala de Cultura da librería Sargadelos, da Plaza de Santo Domingo, de Lugo, tivo lugar a presentación do DVD, o 12 de Marzo do 2.010.

A estirpe do mestre de mestres, Xosé Lois Foxo, sigue dignificando e propagando a gaita galega. 

Unha gaita antiga, con sonido especial fixo as delicias dos asistentes, tocada por Marco.
Xosé Lois Foxo deu unha leizón maxistral sobre a música tradicional galega e sobre a gaita.
Presidiu a mesa o periodista do Progreso, Paco Rivera, Xosé Lois Foxo, Marco Foxo e o cura Xesús Mato, fundador de "Fuxan os Ventos".
Conchiña, mai de Marco Foxo, grabou o acontecemento pre enriquecer o álbum familiar.
 Marco Foxo interpretou unhas cancións con virtuosismo, precisión e calidade, facendo soar a gaita de maneira moi especial.

Unha animada tertulia tivo lugar entre os presentes sobre os segredos da gaita, a música tradicional, a importancia dos Foxo en Galicia e no mundo, a cultura e o Caurel.
Xesús Mato,  Paco Ribera e Ricardo Locay alabaron a Marco e a traxectoria de Xosé Lois Foxo: "...dedicación, integridade, organización, proxección mundial e saber facer, ... nunca se lle oiu falar mal de ninguén, ...".  
Logo, tivo lugar unha comida no mesón "O Pote" pre celebrar o evento.
Marco Foxo foi "Gañador Solista" no 2.009, o que da proba da calidade diste excelente gaiteiro.
Congratulámosnos de que a Familia Foxo, que tanto deu o mundo da gaita, a Galicia   e o Caurel, siga tendo un descendente que aporte calidade e interés pola gaita galega.

ESCRIBE:
               Ricardo Locay Aira.

.
.
.
.

28/1/10

A ESTACIÓN BIOLÓXICA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO ESTÁ PRÁCTICAMENTE ACABADA.

Un gran edificio con extraordinarias vistas.
En Seoane, están entusiasmados.
Un novo motor pro turismo do Caurel. Un punto de calidade, que enriquece Seoane e, por extensión, todo O Caurel.
.

.

.



21/1/10

O CAMIÑO DE SEOANE A FERRERÍA ESTÁ ABERTO DESPOIS DE MÁIS DE 15 DÍAS DE ESTAR ATRANCADO.

Deixaron subrancado outro que pronto vai caír.
Podíase deixar todo bastante millor. Pronto volverá caír outro.
O entorno quedou estragado de ramas.


.

.

.

17/1/10

UN CASTIÑEIRO CORTA O PASO DE SEOANE A FERRERÍA DESDE HAI MÁIS DE 15 DÍAS.

O camiño, desde Seoane a Ferrería, leva cortado máis de 15 días por un castiñeiro xigante e un derrumbe de terra.


O feito resulta inaudito, porque iste camiño é unha ruta de senderismo de largo recorrido e a baixada natural a Ferrería Locay, o monumento máis importante do Caurel. Tamén, é a baixada natural o Río Lor e o Instituto. Lugar de paso pre Parada, Moreda, Mercurín, Ferrería Vella,....

A deixadez do Concello é vergoñenta, porque non só perxudica gravemente os veciños, sinón, tamén, o desarrollo turístico do Caurel, predra angular do futuro pre ista zoa de montaña.


A novata Alcaldesa do Caurel, Dolores Castro, e o seu equipo están dando probas de ineficacia, abandono e falta de preparación, prexudicando a viabilidade do desenrolo do Caurel....


.




.




.


20/12/09

FELICITACIÓN A LA GENTE DE BUENA VOLUNTAD.






"La felicidad te está esperando en el 2.010 ...."

 Felicitación a la gente del Caurel, a los defensores de esta tierra y a la buena gente que nos visita en la web:







(Pincha en la postal).


"No hagas a otro lo que no quieres que te hagan a ti ... y vive de acuerdo con la Naturaleza"







"La ambición, la envidia y el egoísmo destruyen las fuentes de dicha, ... la solidaridad incrementa la felicidad".