Páginas

25/6/10

RUTA DE SENDEIRISMO O LARGO DO RÍO LOR.

A Asociación "Santo Grial", do Cebreiro, presidida por José María Núñez Pérez,
presentou, na Ferrería de Seoane, unha ruta de senderismo que vai desde O Cebreiro ata Augasmestas, o largo do Río Lor.
Páxina web:
http://www.rutadoriolor.es

José María Núñez Pérez, Delegado da Axencia Tributaria en Lugo, presentou o poeta Xulio López Valcárcel, que glosou a Ruta, e o fiscal anticorrupción do Tribunal Supremo, Salvador Viada Bardají, que presidiu o acto. Tamén, estaba o fiscal anticorrupción de Lugo e unha fiscal do Tribunal da Haia.


Compoñentes da Banda de Gaitas do Caurel, a Banda de Música de Guntín de Pallares e un grupo de Romanos co uniforme tradicional alegraron e vestiron de colorido a Ferrería de Seoane.






Unha cohorte de Romanos rememorou a historia.




Unha comida para todos os presentes completou esta xornada de convivencia para poñer en valor esta interesante ruta de senderismo.


A Ruta do Lor parte do poblado etnográfico de O Cebreiro.

 

Discurre polas ladeiras das montañas do Caurel co Río Lor o fondo, serpeteando por vales encaixonados e cañóns.











A Ferrería Locay é unha parada emblemática da Ruta do Lor, Cebreiro-Augasmestas.



Sendeiristas do "Santo Grial" na etapa  O Cebreiro-Ferrería de Seoane:



A Ruta do Lor, Cebreiro-Augasmestas, na prensa:

Crónica:

Xustiza e poesía para abrir a ruta do Cebreiro ao Lor .
Un antigo fiscal do tribunal da Haia e o escritor Xulio López Valcárcel inaugurarán o itinerario no Courel.
Autor: Francisco Albo
LA VOZ DE GALICIA.
 http://www.lavozdegalicia.com/lemos/2010/05/13/0003_8480279.htm
Fecha de publicación: 13/5/2010
                            Os actos celebraranse xunto á ferrería de Seoane
                                        Autor de la imagen: A. LÓPEZ    

   A antiga ferrería de Seoane do Courel será escenario o sábado -ás 12 do mediodía- do acto de inauguración da ruta do Cebreiro á desembocadura do Lor que foi acondicionada por iniciativa da Asociación Santo Grial do Cebreiro. O festexo contará coa presenza de Salvador Viada Bardají, fiscal do Tribunal Supremo e antigo membro da fiscalía do tribunal internacional da Haia, e do escritor e poeta lucense Xulio López Valcárcel.
A participación de López Valcárcel, quen se encargará de pronunciar o pregón, é debida á súa estreita vinculación coas terras lucenses. Non sucede o mesmo co barcelonés Salvador Viada, cuxa relación con esta zona consiste sobre todo nunha amizade persoal coa directiva da Asociación Santo Grial, segundo explica o presidente desta entidade, José María Núñez Pérez. «É un eminente xurista que axudou a investigar os crimes de guerra na antiga Iugoslavia e ao que convidamos á inauguración simplemente porque é amigo meu e porque se prestou a apoiar desinteresadamente esta iniciativa coa súa presenza», explica.
Nos actos participarán tamén a Banda de Música de Guntín de Pallares e a Banda de Gaitas do Caurel, «que tamén ofreceron un apoio desinteresado», sinala Núñez. No lugar instalarase unha carpa onde os asistentes poderán adquirir racións de polbo e de carne. Despois do xantar, levarase a cabo unha camiñada por un tramo de cinco quilómetros da ruta entre Seoane e Ferreirós de Arriba.
Mantemento:
A ruta, de 68 quilómetros, foi limpada e sinalizada pola Asociación Santo Grial, cuxo presidente estima nuns 90.000 euros o custo total das operacións, «contando as horas de traballo da xente que se ofreceu a colaborar neste proxecto sen cobrar». O itinerario discorre por unha serie de camiños tradicionais que, segundo comenta Núñez, «serviron durante séculos para comunicar as terras de Quiroga e do Courel co resto da montaña lucense e que foron usados tanto para o comercio e as feiras como para transportar ouro, ferro, castañas ou pizarra».
Unha boa parte da ruta aproveita sendeiros que xa foran acondicionados no seu día pola asociación courelá Fonte do Milagro, que se ocupará de mantela en estado transitable. Núñez espera que os concellos do Cebreiro, Courel e Quiroga «se preocupen por axudar a manter aberta esta ruta polo seu enorme valor histórico, etnográfico e natural, e porque a custodia do patrimonio público é un deber das administracións locais».
______________________________________________________

Volvemos cos nosos pés sobre os vellos pasos,  Xulio López Valcárcel
Xornal de Galicia Marítimo Pesquero
http://www.xornalgalicia.es/index.php?name=News&file=article&sid=23209
Domingo, 16 Mayo, 2010 - 11:08

    A ferrería de Seoane, no concello do Caurel, foi o esceario elexido para inaugurar a ruta do Lor, acondicionada pola Asociación Santo Grial, entre O Cebreiro e Augasmestas.
Os intervintes no acto foron:
José María Núñez, Presidente da Asociación Santo Grial: “Este camiño real foi utilizado sempre, agora gracias ao esforzo de toda a xente da asociación faise realidade de novo”
Xulio López Valcárcel, escritor e encargado de ler o pregón: “Sorprende sempre o sentimento de pequenez que tes no Caurel, na natureza, co son dos paxaros, perto da auga. Gracias ao esforzo da asociación Santo Grial por devolverlle ao Caurel este camiño que pronto farei completo, os 68 km., fareino de maneira interesada e descansada, percibindo todo o que ofrece a ruta. Agora hai que facer un esforzo importante por manter e conservar este camiño como un xeito de agradecer aos nosos antergos o seu legado. Volvemos cos nosos pés sobre os vellos pasos”.
Salvador Viada Bardají, Fiscal do Tribunal Supremo e encargado de presidir o acto: “Nun momento de crise xeneralizada como o que vivimos, aquí esquécese, non se percibe, soamente ten protagonismo a forza da natureza. Unha vez se fixo o esforzo por recuperar esta ruta, sinalizala e acondicionala, é necesario que todos se involucren para potenciala e promocionala, que a xente a coñeza e a use.”
Dolores Castro, alcaldesa do concello de Folgoso do Caurel: “O noso agradecemento a José María Núñez e á asociación Santo Grial, é necesaria xente con iniciativa para poder impulsar este territorio. Tentarei que a ruta se manteña aberta, acolléndoa como algo noso, porque atravesa prácticamente todo o termo municipal e porque estamos convencidos de que traerá prosperidade ao concello”
ASOCIACIÓN SANTO GRIAL DO CEBREIRO
O acto contou coa música da Banda de Gaitas do Caurel e da Banda de Música de Guntín de Pallares, ademáis da presencia dunha cohorte romana, perfectamente ataviada para a ocasión. Posteriormente os asistentes, máis dun cento de persoas, disfrutaron duns pinchos, xantar e posterior inauguración da ruta, percorrendo parte dun treito desde Seoane. Para abrir o camiño, o Fiscal do Tribunal Supremo, Salvador Viada, encargouse de cortar, de maneira simbólica, unha silva e os participantes iniciaron o traxecto.
_______________________________________________________

Una ruta de senderismo une O Cebreiro y Quiroga a lo largo del río Lor.

--------------------------------------------------------------------------------

 18/05/2010 - El Progreso (Monforte de Lemos)
http://elprogreso.galiciae.com/nova/54187.html

     La asociación Santo Grial de O Cebreiro es la responsable de una nueva ruta de senderismo por la Ribeira Sacra, concretamente a lo largo del río Lor entre Pedrafita y Augasmestas, donde este cauce se une al Sil. El colectivo ha invertido 90.000 euros en la limpieza y señalización de los espacios por los que, a partir de ahora, podrán transitar todo los amantes de la naturaleza. El acto inaugural del recorrido se celebró en la localidad courelesa de Seoane.
Desde la agrupación Santo Grial indicaron que se trata de una nueva propuesta turística de 68 kilómetros de longitud en la que "el caminante descubrirá los auténticos encantos de la Galicia interior, con parajes de naturaleza pura, una flora y una fauna rica en variedades y la etnografía propia de los rincones de montaña "os recunchos de montaña", á beira do río.
La realización completa de esta ruta tan larga es posible gracias a la existencia de numerosos núcleos de población que jalonan el camino.
El primer tramo une O Cebreiro con Trabazas, con una longitud de 12 kilómetros. El segundo va desde este último punto a Ferreiría de Seoane, con poco más de nueve.
La tercera etapa llega desde O Courel hasta Traspando, con casi diez kilómetros de longitud; para luego llegar a Froxán, también en O Courel, tras recorrer otros 9,3 kilómetros.
El penúltimo tramo llega hasta As Laceiras y dispone de casi 12 kilómetros, para finalizar en Augasmestas, tras recorrer los 15 kilómetros finales.
Los responsables de la agrupación Santo Grial señalaron que el atractivo de esta ruta es que reivindica "el turismo de interior, el turismo sostenible, de un territorio que en gran parte atraviesa un espacio natural protegido de Galicia, ya que discurre por zonas de la Red Natura y lugares de interés comunitario que fueron declarados zona de especial protección de los valores naturales".
Este colectivo de O Cebreiro recomienda a los caminantes que hagan la ruta que se tomen "su tiempo, que respiren, que noten el viento en su cara, que descansen en la orilla del río y que hablen con los vecinos de las aldeas, pues se trata de una zona que aún atesora tradiciones y formas de vida que recuerdan tiempos pasados".

---------------------------------------------------------------------------------------------

Abierta con una fiesta en O Courel la gran ruta de senderismo que sigue todo el recorrido del río Lor.


 MONFORTE/LA VOZ. 16/5/2010
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2010/05/16/0003_8486838.htm

    Una fiesta con música, carpa de pulpo y pregón literario sirvió para inaugurar ayer oficialmente una de las rutas de senderismo más largas de Galicia y que permite recorrer a pie íntegramente el itinerario del río Lor, desde su nacimiento en O Cebreiro a su desembocadura en Augasmestas, ya en Quiroga, a las puertas del cañón del Sil. La ruta fue limpiada, preparada y señalizada durante los últimos meses por la asociación Santo Grial do Cebreiro, que invirtió en el trabajo alrededor de 90.000 euros. En total, se pueden recorrer 68 kilómetros de caminos.

Los organizadores decidieron organizar la fiesta oficial de apertura en Seoane, la localidad más grande del norte de O Courel, en un tramo a medio camino entre O Cebreiro y Quiroga. Las actividades empezaron a las doce del mediodía con la lectura del pregón por parte del escritor chantadino Xulio López Valcárcel. Presidió el acto el fiscal del Tribunal Supremo Salvador Viada Bardají, que ejerció también en la Fiscalía de la Corte Penal Internacional. Tras el pregón empezó la música, con la banda de Guntín de Pallares y la Banda de Gaitas do Courel. La comida se celebró bajo una carpa, con pulpo y vino de la Ribeira Sacra.

Los portavoces de la asociación Santo Grial do Cebreiro consideran esta nueva ruta de senderismo como una propuesta ideal para aficionados a la naturaleza. Pensado para recorrer por etapas, la asociación recomienda completar el itinerario por etapas, haciendo paradas para pernoctar en Trabazas, Ferrería de Seoane, Traspando, Froxán, As Laceiras y Augasmestas. Gran parte del recorrido está declarado espacio natural protegido.



FOTOS:
(Pincha nas fotos, logo, volve pinchar para facela grande).






























.
Escribe e fotografía:
Ricardo Locay Aira.

.

.