
O Direitor Xeral de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López Iglesias e a Direitora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, María Helena Veiguela Martínez, presentaron, en Seoane do Caurel, a nova tecnoloxía do WIMAX, que comenza a funcionar.
O Caurel terá a banda ancha de Internet que facilitará os cidadáns a comunicación.

Ábrese un prazo de 15 días, a partir do día 2 de Xunio, para solicitar o equipo no Concello. Os seis primeiros meses será gratis, logo, virase pagando unhos 24 euros a operadora. Estudaranse tipos de subvencións pre universalizar o servizo.

Un nutrido grupo de persoas escoitou as bondades do sistema da boca de David Álvarez, responsable da instalación do WIMAX no medio rural galego.
Falouse das novas posibilidades do sistema, que vai acercar os habitantes do Caurel os medios de comunicación e as Administracións.
A rede extenderase a todo O Caurel, anque, agora, comenzará nos pobos de Seoane e Folgoso.

O Caurel deixa de darlle a espalda o progreso e súbese o carro da modernidade.

.............................
Enlaces:
http://www.sociedadedainformacion.eu/actualidade/nova.php?lg=gal&id=1016
http://www.anosaterra.org/nova/a-maiora-do-courel-xa-ten-wimax-.html
http://www.vieiros.com/nova/60447/o-wimax-custa-como-cinco-quilometros-de-pista
No hay comentarios:
Publicar un comentario