Páginas
27/6/08
20/6/08
Obras eternas.


No pasado tiveron cerrada a estrada máis dun ano e, agora, volven as andadas. Non se comprende como unha obra tarda tanto tempo e se fai sin preocuparse, para nada, das molestias que lle causan os veciños. Podemos entender que se cerre a estrada durante unhas horas, ou un día ou dous, pero é inaceptable que se cerre por largo espacio de tempo.

Desde a Deputación deben tomar cartas no asunto e esixir as empresas que non corten a estrada e axilicen as obras para non perxudicar o texido social do Caurel.
Si non respetamos o que temos, pouco porvir nos espera.
O Caurel sofre un despoboamento crítico e necesita un Plan Direitor que vele polo patrimonio material e inmaterial.

Aislar unha zoa é a agresión máis grande que se lle pode facer. Un camiño dereito o olvido e o abandono. Esperamos que a Deputación resolva esta situación, favorablemente, para O Caurel.
_____________________________________________________________
1/6/08
Progreso na Montaña de Lugo.

O Direitor Xeral de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López Iglesias e a Direitora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, María Helena Veiguela Martínez, presentaron, en Seoane do Caurel, a nova tecnoloxía do WIMAX, que comenza a funcionar.
O Caurel terá a banda ancha de Internet que facilitará os cidadáns a comunicación.

Ábrese un prazo de 15 días, a partir do día 2 de Xunio, para solicitar o equipo no Concello. Os seis primeiros meses será gratis, logo, virase pagando unhos 24 euros a operadora. Estudaranse tipos de subvencións pre universalizar o servizo.

Un nutrido grupo de persoas escoitou as bondades do sistema da boca de David Álvarez, responsable da instalación do WIMAX no medio rural galego.
Falouse das novas posibilidades do sistema, que vai acercar os habitantes do Caurel os medios de comunicación e as Administracións.
A rede extenderase a todo O Caurel, anque, agora, comenzará nos pobos de Seoane e Folgoso.

O Caurel deixa de darlle a espalda o progreso e súbese o carro da modernidade.

.............................
Enlaces:
http://www.sociedadedainformacion.eu/actualidade/nova.php?lg=gal&id=1016
http://www.anosaterra.org/nova/a-maiora-do-courel-xa-ten-wimax-.html
http://www.vieiros.com/nova/60447/o-wimax-custa-como-cinco-quilometros-de-pista