Páginas

12/1/15

APAGÓUSE A VOZ CRISTALINA DA SERRA DO CAUREL, A DE ILDA.

Ao longo dos 79 anos da súa vida, cantou infinidade de cancións que forman o patrimonio inmaterial do Caurel.
Entre outras grabacións do Filandón, para a radio e para a televisión, grabou este interesante CD e DVD , donde quedará inmortalizada a súa portentosa voz ....
Familia de cantores, natural de Ferreirós, chegou a actuar en Nueva York ca Real Banda de Gaitas, da mau de Xosé Lois Foxo.


As súas participacións no Filandón de Músicas do Caurel serán sempre recordadas.

Fotos da súa vida:


 
Mai exemplar, loitadora, representa, perfectamente, as heroínas rurais galegas ....
Muller chea de sentimento, conocedora de cantigas, coplas, romances, poesías e  historias extraordinarias ....

Ilda é sabiduría popular, cunha voz prodixiosa ....

Sempre permanecerá no noso recordo ca súa voz limpa, clara, cristalina, armoniosa ....
.

.


.



http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2015/01/13/despedida-musical-ilda-alvarez-cantora-popular-da-serra-do-courel/0003_201501M13C12993.h

.

.


.

11/7/14

FILANDÓN DE MÚSICAS DO CAUREL 2014.









          3 de Agosto do 2014,
 as 18 horas,
 na Ferrería de Seoane, Caurel. Lugo.
.
Anuncio Filandón.
 
(Declarado de interese turístico e cultural).

Visita a Ferrería Locay, as 17,30 horas.


PROGRAMA
XVII FILANDÓN DE
MÚSICAS DO CAUREL


Presentación:   Manola Porto 
.
 
* Chamada ao Filandón (Cornos celtas de Xan de Vilar e
Manuel de Outeiro)
* Intervención: Ricardo Locay Aira
* Banda de Gaitas de San Clodio
* Presentación Libro-son OS PADERNES-CD Festa en
Visuña1974, coa actuación de Ilda e Pepe de Ferreirós
 * Orquesta Paladium (Tésera Hospitalidá a Bautista A.)
* Sindy Carrera e Xosé Torres (Tésera Hospitalidá)
* Xosé Lois González-Carrabouxo (Tésera Hospitalidá)
* María do Ceo (Tésera Hospitalidá)
* José Veloso Valcárcel (Brindeiro de Forgas)
* Cantores de Ronda de Arnado (Oencia)
* María Santín Balboa de Quintela d´Oencia
 * Gaiteiros "O Recanto de Quiroga"
* Familia Lolo d'Oencia
* Manuela Iglesias Blanco de Dragonte-Corullón-O Bierzo
* Rosario García de Xestoso d'Oencia
* Cantareiras Cernellas de Bóveda con Juanjo Fdez.
* Gaiteiros de Claudio de Eiríz
* Juan Corzo de Celavente
* Xesús Galán (Poeta-gaiteiro)
* Cantores de Villarrubín
* Alfredo González e José Romero
 * José Luís Sampaio (Batería dos Padernes)
* Dúo Elvira Touzón Quiroga
* Fernando Cabo Sánchez da Labrada
* Isabel e Amelia de Barcelona
* Banda de gaitas do Centro Galego de Navarra

Exposición de discografía, bibliografía,
Instrumentos Populares

Organiza:
                    Xosé Lois Foxo.


Disco_libro de "Os Padernes":




Vídeo de María do Ceo:
http://www.youtube.com/watch?v=fwOu09IuVms&feature=youtu.be


.
Filandón de Músicas do Caurel:
https://www.youtube.com/watch?v=6L_Rz6UMQ40

.

.


.
     

3/7/14

HOMENAXE A "OS PADERNES".

O día 5 de Julio, as 13 horas, tuvo lugar a homenaxe a "OS PADERNES", a orquesta que amenizou as festas do Caurel.

 Un monolito do escultor  Francisco Escudero Carril inmortalizou o recordo distes extraordinarios músicos do Caurel.

Xosé Lois Foxo foi o organizador do evento.

Fotos da orquesta:





 

  

Enlaces:



Rumba dos Padernes:



Poesía:

HOMENAXE “OS PADERNES”


Pérdese no tempo

como e cando escomenzaron,

con cantos instrumentos

e quenes a formaron.

Sí quedaron na memoria

de varias xeneracións,

que durante a súa historia,

animaron con cancións.

Eran grandes profesionais,

que tocaban con soltura,

como músicos excepcionais,

as notas da partitura.

Nos anos de sufrimento,

vilas cheas de xente,

loitando e sobrevivindo,

na penuria permanente.

Coa música como arte

e único acto de cultura,

enviaban a outra parte,

por un día, as amarguras.

E, despois da festa,

sen dormir, a traballar,

que o gando non fai sesta

e o campo non pode esperar.

Saxo tenor e baixo,

batería e dúas trompetas,

pasodoble, cumbia e tango,

a sintonía é completa.

A veces, a melancolía

volve a extremecerme,

recordando aqueles días,

que amenizaban “Os Padernes”.

De San Vicente a San Martiño,

cargando cos instrumentos,

percorrendo, sempre, con tino,

os camiños polvorentos.

Pola mañá, a alborada,

pola noite, a verbena,

o roscón, as mantecadas,

e a tertulia na cena.

E, así, de vila en vila,

animando algún patrón,

unha boda moi fina,

e os bailes do salón.

Tal vez, nosos maiores,

con iles, se namoraron,

e, o son das versións,

o seu amor se declararon.

Eu, tamén, iba na cola,

dos que andaban buscando,

alguha rapaza sola,

pre ligala bailando.

E emocionábame escoitando,

coma todo o mundo eiquí,

oíndo a Chelo cantando:

“La chica de la boutique”

Agora , a orquesta ,

cambiou de escenario:

están animando a festa,

aos seus fans, no outro barrio.

¡Cántos momentos vividos,

tanto que agradecerlles,

por haber existido,

a orquesta “Os Padernes”!.

Xa quedades perpetuados
nun monolito de pedra,
sempre sereis recordados
pola xente desta terra.
                                                                      Jesús Locay Aira.

FOTOS DO EVENTO:



 
 
.

.Disco_libro de "Os Padernes":

.
(Seguiremos poñendo fotos).





9/6/14

29/5/14

MÚSICA DO CAUREL EN SAN PETERSBURGO.

Xosé Lois Foxo leva a música do Caurel a San Petersburgo, en Rusia.


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2014/05/28/musica-do-courel-san-petersburgo/0003_201405M28C5991.htm#.U4V9d8S5FSk.facebook

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/05/21/real-banda-ofrece-concierto-museo/1026981.html 


https://www.youtube.com/watch?v=D8N_zCyyr0E 


Entrega o Museo do Hermitage de San Petersburgo o libro-disco "Músicas do Courel", que recolle a tradición musical desta terra.

Foxo universaliza e da a coñecer a nosa terra .

Estaba presente o Presidente da Real Academia da Lingua Galega, Xesús Alonso Montero.

.

.

12/4/14

PRESENTACIÓN DO "CANCIONEIRO DE OENCIA E CONTORNA" EN LUGO.

Xosé Lois Foxo presentou "O Cancioneiro de Oencia e Contorna"  na librería Sargadelos en Lugo o 19 de decembro do 2013.

Xulio Xiz, Paco Rivera e Ricardo Locay alabaron a gran labor que fai Foxo, recuperando o patrimonio inmaterial e promocionando a cultura.


(pincha nas fotos)



















































Xosé Lois Foxo  sigue rescatando a cultura da nosa terra, evitando a súa desaparición.



.


 
,



,
.