Páginas

3/7/14

HOMENAXE A "OS PADERNES".

O día 5 de Julio, as 13 horas, tuvo lugar a homenaxe a "OS PADERNES", a orquesta que amenizou as festas do Caurel.

 Un monolito do escultor  Francisco Escudero Carril inmortalizou o recordo distes extraordinarios músicos do Caurel.

Xosé Lois Foxo foi o organizador do evento.

Fotos da orquesta:





 

  

Enlaces:



Rumba dos Padernes:



Poesía:

HOMENAXE “OS PADERNES”


Pérdese no tempo

como e cando escomenzaron,

con cantos instrumentos

e quenes a formaron.

Sí quedaron na memoria

de varias xeneracións,

que durante a súa historia,

animaron con cancións.

Eran grandes profesionais,

que tocaban con soltura,

como músicos excepcionais,

as notas da partitura.

Nos anos de sufrimento,

vilas cheas de xente,

loitando e sobrevivindo,

na penuria permanente.

Coa música como arte

e único acto de cultura,

enviaban a outra parte,

por un día, as amarguras.

E, despois da festa,

sen dormir, a traballar,

que o gando non fai sesta

e o campo non pode esperar.

Saxo tenor e baixo,

batería e dúas trompetas,

pasodoble, cumbia e tango,

a sintonía é completa.

A veces, a melancolía

volve a extremecerme,

recordando aqueles días,

que amenizaban “Os Padernes”.

De San Vicente a San Martiño,

cargando cos instrumentos,

percorrendo, sempre, con tino,

os camiños polvorentos.

Pola mañá, a alborada,

pola noite, a verbena,

o roscón, as mantecadas,

e a tertulia na cena.

E, así, de vila en vila,

animando algún patrón,

unha boda moi fina,

e os bailes do salón.

Tal vez, nosos maiores,

con iles, se namoraron,

e, o son das versións,

o seu amor se declararon.

Eu, tamén, iba na cola,

dos que andaban buscando,

alguha rapaza sola,

pre ligala bailando.

E emocionábame escoitando,

coma todo o mundo eiquí,

oíndo a Chelo cantando:

La chica de la boutique”

Agora , a orquesta ,

cambiou de escenario:

están animando a festa,

aos seus fans, no outro barrio.

¡Cántos momentos vividos,

tanto que agradecerlles,

por haber existido,

a orquesta “Os Padernes”!.

Xa quedades perpetuados
nun monolito de pedra,
sempre sereis recordados
pola xente desta terra.
                                                                      Jesús Locay Aira.

FOTOS DO EVENTO:



 
 
.

.Disco_libro de "Os Padernes":

.
(Seguiremos poñendo fotos).





No hay comentarios: