Páginas

15/3/10

MARCO FOXO PRESENTA O PRIMEIRO DVD.

MARCO FOXO presentou o primeiro DVD ante os medios de comunicación.

Na Sala de Cultura da librería Sargadelos, da Plaza de Santo Domingo, de Lugo, tivo lugar a presentación do DVD, o 12 de Marzo do 2.010.

A estirpe do mestre de mestres, Xosé Lois Foxo, sigue dignificando e propagando a gaita galega. 

Unha gaita antiga, con sonido especial fixo as delicias dos asistentes, tocada por Marco.
Xosé Lois Foxo deu unha leizón maxistral sobre a música tradicional galega e sobre a gaita.
Presidiu a mesa o periodista do Progreso, Paco Rivera, Xosé Lois Foxo, Marco Foxo e o cura Xesús Mato, fundador de "Fuxan os Ventos".
Conchiña, mai de Marco Foxo, grabou o acontecemento pre enriquecer o álbum familiar.
 Marco Foxo interpretou unhas cancións con virtuosismo, precisión e calidade, facendo soar a gaita de maneira moi especial.

Unha animada tertulia tivo lugar entre os presentes sobre os segredos da gaita, a música tradicional, a importancia dos Foxo en Galicia e no mundo, a cultura e o Caurel.
Xesús Mato,  Paco Ribera e Ricardo Locay alabaron a Marco e a traxectoria de Xosé Lois Foxo: "...dedicación, integridade, organización, proxección mundial e saber facer, ... nunca se lle oiu falar mal de ninguén, ...".  
Logo, tivo lugar unha comida no mesón "O Pote" pre celebrar o evento.
Marco Foxo foi "Gañador Solista" no 2.009, o que da proba da calidade diste excelente gaiteiro.
Congratulámosnos de que a Familia Foxo, que tanto deu o mundo da gaita, a Galicia   e o Caurel, siga tendo un descendente que aporte calidade e interés pola gaita galega.

ESCRIBE:
               Ricardo Locay Aira.

.
.
.
.