A Asociación Sociocultural i Ecolóxica "Vitoreira", a primeira asociación fundada no Caurel, que eu teño o honor de presidir, declarou a Uxío Novoneyra, fai moitos anos, "GRANDE DO CAUREL", por pintar como naide, con parolas, a paisaxe, as costumes e a xente do Caurel....
Hoxe sentimos gran satisfaizón de haber recoñecido, en vida, a extraordinaria valía de Uxío, como poeta, decidor e como persoa.
O día 9 de Maio, celebrouse unha homenaxe o noso querido poeta UXÍO NOVONEYRA.
O 17 de Maio, tivo lugar a homenaxe da REAL ACADEMIA DA LINGÜA GALEGA.
Estase elaborando un vídeo-DVD sobre Novoneyra, por Espazos Sonoros, cantado e musicado por Emilio Cao, con paisaxes da Ferrería de Seoane.
En setembro, Emilio Cao dará un recital, posiblemente, na Ferrería de Seoane, no Caurel, cos poemas de Novoneyra.
Lugopatrimonio quere facerlle unha homenaxe no Caurel, despois do vrán.
O FILANDÓN DE MÚSICAS DO CAUREL estará dedicado a Uxío Novoneyra, o gran poeta do Caurel.
Uxío, o poeta do Caurel, recibe un reconocemento universal, pasando a engrosar o noso patrimonio.
http://www.uxionovoneyra.com/
http://caurel.superforos.com/viewtopic.php?t=163&sid=e3f9cad9d2e001649297535db4c9a0d8
Uxío, no Parnaso, xunto os grandes poetas, recibirá a nosa homenaxe..., que o consagra como fillo predilecto de Galicia i excelso poeta...
A estrela de Uxío brilará sempre no firmamento galego.
ELEXÍA A UXÍO NOVONEYRA:
ca súa voz, nos emocionará.
pasou a un espazo diferente.
billete de ida, soamente,
en silenzo, tranquilamente.
Que sexa, agora, continuado
de quen sabe, ben seguro,
Polo Olimpo pasou, sin parar,
ata a Arcadia, para descansar;
Por fin, xa estamos todos…,
con reverencia e bons modos,
franqueáronlle a entrada.
e outros xenios do cantar.
camiñará, feliz, polas ladeiras,
a alma de Uxío Novoneyra.
Polo Real, a Lomba, Pinza e Cido,
o lobo, o río e os camiños,
o amigo, que perderon….
Fontes e carrozos,
rebolas e faias,
sofren a ausencia,
teñen contrida a alma.
"Grande do Caurel",
"Fillo Predilecto",
sembrador de poesía
e poeta inmenso.
na Galicia enteira,
toda a xente lembra
Jesús Locay Aira.
(Canción dedicada a Uxío).
Uxío terá, sempre, un lugar no noso corazón....
Escribe: Ricardo Locay Aira.
____________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________