Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta becerrea caurel courel cebreiro ocebreiro seoane pedrafita piedrafita lugo caminosantiago. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta becerrea caurel courel cebreiro ocebreiro seoane pedrafita piedrafita lugo caminosantiago. Mostrar todas las entradas

28/5/15

PLENO DO PARLAMENTO GALEGO SOBRE O PARQUE NATURAL DO COUREL.


https://drive.google.com/file/d/0B6ULET1xZ9J7MFJsNndZSlpUaW8/view?invite=CKea2O4M


Os que gobernan parece que lles importa pouco O Courel, porque só buscan disculpas e tratan de divagar e escurrir o bulto con demagoxias ....

O Courel merece e necesita, pola súa diversidade, riqueza paisaxística, xeolóxica, etnográfica e histórica, ser Parque Natural ....


Enlace:  
 Ver o Pleno do Parlamento Galego sobre o Parque Natural do Courel. 



.

.

.

16/2/11

"LEMBRANZAS DO COUREL", por Xesús Alfonso Parada Jato.

Presentado o novo libro, "LEMBRANZAS DO COUREL", do escritor Xesús Alfonso Parada Jato.
______________________________________________



LEMBRANZAS D O CAUREL

AUTOR: JESUS ALFONSO PARADA JATO
EDITORIAL: TOXOSOUTOS
ISBN: 978-84-92792-53-5
EAN: 9788492792535
PRECIO:  14 € 
AÑO: 2011
LUGAR DE EDICIÓN: Noia




Ficha:

A cultura segue a estar viva mentres haxa persoas que a lembren e participen dela, coma unha casa con fume indica que dentro habita ben ou mal, por moito ou pouco tempo, algunha persoa. Mais cando as paredes rechan e o tellado afunde, xa ninguén vive alí. No entanto o seu espírito aínda perdura por algún tempo máis. Mentres haxa unhas pedras colocadas a xeito de parede, unhas pequenas ruínas que testemuñan que alí houbo algo, por cativo que fose, aínda é posible establecerse novamente. Este libro  é iso, retallos de aquí e de acolá coma as efémeras imaxes dun soño no cal estamos nun lugar ou noutro. Así é o mundo dos soños, de súpeto as cousas van e veñen, trócanse noutras, todo xira vertixinosamente, facemos viaxes inesquecibles, vivimos o que non coñecemos e facemos o que non podemos cando estamos espertos.

____________________________________________________________________________________________________________

Os contidos son:
contos populares, cantigas, costumes, práticas agrícolas tradicionais, anacos de historia local... A maior parte do libro está recollida da tradición oral ....


Dende a miña casa, ésta que está na parte baixa da fotografía, Casa Locay, na Ferrería de Seoane, vexo a mirada de Xesús  sobre as nosas vivencias de nenos e adolescentes .... e dámoslle as grazas por levalas os libros para que non se perdan no ocaso dos tempos ....
¡ Caurel é o templo da Natureza !



.


.


.



24/7/10

MANUEL VILLASOL HOMENAXEADO EN PEDRAFITA.


Manuel Villasol recibiu unha homenaxe multitudinaria en Pedrafita do Cebreiro, o venres, 23 de xulio.
Máis de 200 persoas participaron nunha cea-homenaxe, na que estaban o presidente da Deputación, José Ramón Besteiro, o subdelegado do goberno, José Vázquez Portomeñe, o alcalde de Lugo, José López Orozco e veciños de Pedrafita, Becerreá, Navia, Cervantes e outros concellos.
Manuel Villasol é tenente de alcalde de Pedrafita e a súa labor no Concello caraterízase pola entrega o servizo público. Home honesto e servicial, non reparou nunca en esforzos en favor do ben común. Nacido en Louzarela en 1930, Manuel Villasol  viuse obrigado a emigrar  nos anos 60. Despois de traballar en Francia e Suiza, na década dos 70 regresou. Home de profundas convincións, iniciou unha etapa de activismo político contra a ditadura de Franco. Entra como concellal en 1970.  Militante do PSOE, desde 1983 é concellal de forma contínua. Niste intre, ten 80 anos e sigue traballando polo Concello.
Unha vida exemplar loitando pola democracia e o progreso de Pedrafita, que foi recoñecida polo Concello e o PSOE con sendas placas.
Homes como Manuel Villasol engrandecen a política, derrochando esforzo, solidaridade e dedicación en ben de todos. 

.

.

.