I Torneo de cuadrillas
de
malladores ao mallo
VENRES 21 AGOSTO 2015
ÁS
5 DA TARDE en noceda do caurel
*
( O vindeiro día 21 de agosto 2015, ás 17,00 h. terá lugar en Noceda do Caurel (Lugo) o I Trofeo de Cuadrillas de Malladores ao Mallo .
O evento que foi suspendido por motivos de choiva celebrarase baixo a
normativa do que no seu día se lles enviara. Participarán Cuadrillas de
Outeiro (Quiroga), Mercurín, Parroquia de Meiraos, Veigadeforcas
(Pedrafita do Cebreiro), Villarrubín, Oencia, Arnado (León), Quintela do
Pando (Viana do Bolo) e Noceda do Caurel.
Saúdos,
Tel. 606 466 546 ).
O
presente torneo tén como finalidá rememorar e dar a coñecer o
xeito tradicional da malla ao mallo, realizándose o proceso completo
desde tender o airado ata a recolleita da palla e limpeza do grao.
.
.
BASES
- Cada cuadrilla estará formada por catro mallador@s.
- Os participantes levarán o mallo consigo.
- Cada cuadrilla mallará un airado desde a crueira ao fondo da aira.
- Os mallador@s levarán a cabeza cuberta, valorándose a vestimenta da época.
- Un consello de ancianos valorará cada cuadrilla, tendo en conta a intensidá da pegada e a conxunción dos mallador@s.
- O consello comprobará o mallado das espigas ao remate da actuación de cada cuadrilla.
- A cuadrilla que se alce ca máxima valoración do consello de ancianos recibirá unha fanega de grá (cuatro ferrados).
- As cuadrillas participantes deberán mostrar a súa destreza, asemade no atado e cuañado.
- O consello de ancianos terá en conta a intensidá dos aplausos á hora da valoración.
O evento terá lugar na aira de Armesto de Noceda do Caurel o
día 14 de agosto de 2015, ás 17:00h, debendo inscribirse antes do
día 10 deste mes chamando ao telf. 606 46 65 46.
.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario