O día 5 de Julio, as 13 horas, tuvo lugar a homenaxe a "OS PADERNES", a orquesta que amenizou as festas do Caurel.
Un monolito do escultor Francisco Escudero Carril inmortalizou o recordo distes extraordinarios músicos do Caurel.
Xosé Lois Foxo foi o organizador do evento.
Fotos da orquesta:
Enlaces:
Rumba dos Padernes:
Poesía:
HOMENAXE
“OS PADERNES”
Pérdese
no tempo
como
e cando escomenzaron,
con
cantos instrumentos
e
quenes a formaron.
Sí
quedaron na memoria
de
varias xeneracións,
que
durante a súa historia,
animaron
con cancións.
Eran
grandes profesionais,
que
tocaban con soltura,
como
músicos excepcionais,
as
notas da partitura.
Nos
anos de sufrimento,
vilas
cheas de xente,
loitando
e sobrevivindo,
na
penuria permanente.
Coa
música como arte
e
único acto de cultura,
enviaban
a outra parte,
por
un día, as amarguras.
E,
despois da festa,
sen
dormir, a traballar,
que
o gando non fai sesta
e
o campo non pode esperar.
Saxo
tenor e baixo,
batería
e dúas trompetas,
pasodoble,
cumbia e tango,
a
sintonía é completa.
A
veces, a melancolía
volve
a extremecerme,
recordando
aqueles días,
que
amenizaban “Os Padernes”.
De
San Vicente a San Martiño,
cargando
cos instrumentos,
percorrendo,
sempre, con tino,
os
camiños polvorentos.
Pola
mañá, a alborada,
pola
noite, a verbena,
o
roscón, as mantecadas,
e a
tertulia na cena.
E,
así, de vila en vila,
unha
boda moi fina,
e
os bailes do salón.
Tal
vez, nosos maiores,
con
iles, se namoraron,
e,
o son das versións,
o
seu amor se declararon.
Eu,
tamén, iba na cola,
dos
que andaban buscando,
alguha
rapaza sola,
pre
ligala bailando.
E
emocionábame escoitando,
coma
todo o mundo eiquí,
oíndo
a Chelo cantando:
“La
chica de la boutique”
Agora
, a orquesta ,
cambiou
de escenario:
están
animando a festa,
aos
seus fans, no outro barrio.
¡Cántos
momentos vividos,
tanto
que agradecerlles,
por
haber existido,
a
orquesta “Os Padernes”!.
Xa quedades perpetuados
nun monolito de pedra,
sempre sereis recordados
pola xente desta terra.
Jesús Locay Aira.
.
.Disco_libro de "Os Padernes":
.
(Seguiremos poñendo fotos).