Páginas

5/5/13

O OSO EN CAUREL.


 Comunicado de SOS COUREL:

Asociación Ecolóxico-Cultural SOs Courel
Santa Eufemia 32. Folgoso do Courel. 27327-Lugo
NIF  G27362474.
Teléfonos 607 225887 Se non queres recibir máis información fáinolo saber
 

Boicot ao Plano da Xunta para o  Oso Pardo, pola propia Xunta.
 

 
 
A Xunta elaborou unha modificación  do Plan do Oso de Fraga de 1992, que se aprobara para os Ancares,  pero desta vez ampliando as actuacións ao sur da autovía A6, nos Concellos do Courel, Quiroga, Triacastela, Samos,  As Nogais, entre outros.  O plan inclúe unha serie de medidas de protección para o oso  e  unha gran partida de medidas compensatorias, para os habitantes e os territorios afectados, como:


-Subvencións e primas pra os aproveitamentos forestais de frondosas autóctonas.
-Subvencións pra os aproveitamentos de froiteiras e castiñeiros (cerdeira, maceiras, pereiras, serbais, etc.)
-Limpeza de soutos.
-Creación de postos de traballo pra o seguimento do oso
-Creación de postos de traballo pra rozas e repoboacións.
-Pagos a labregos por danos causados polo oso pardo.
-Loita contra o furtivismo e retirada de lazos.
-Investimentos pra pastores eléctricos
-Limitación da poboacións de xabaril.
-Control de poboación do lobo e cans asilvestrados.
-Creación dun programa de ecoturismo ligado á imaxe do oso
-Investimentos pra protección de colmeas. Rehabilitación de cortiños (alvarizas, oseiras)
-Maior control da caza polo Seprona
-Eliminacións das barreiras viarias e construcións de corredoiras ecolóxicas (A-6, N-VI)
-constitución da marca de calidade do oso pardo e a súa utilización como símbolo para a identificación dos produtos alimentarios (mel, embutidos,queixos, etc.)
 
Tamé  algunha limitación como:  Restrición no paso dos turistas  ás zonas de presenza da especie; limitación ás queimas controladas; eliminación  de pistas innecesarias e  prohibición de repoboar  con piñeiros, eucaliptos e outras especies   pirófitas.
 
Como se pode ver  todo vantaxes  ata nas limitacións.
Este é un Plano  que no esencial, é case idéntico  a o que hai no resto das comarcas da Cordilleira Cantábrica e teno que ser por coherencia  para facer posible a conservación da especie que se pretende, o oso pardo,
 
A Xunta, elaborou un plano do oso para aparentar decencia e coherencia  co resto das comarcas oseiras, para despois, inmediatamete, permitir o  boicot dende o propio PP, polos cazadores e a alcaldesa:
-         En ningún momento se informou ós veciños e veciñas,  das vantaxes deste  plan, nin durante a fase de participación pública nin  ahora nesta de información ao público, nin dende  a Xunta, nin  dende o Concello
-         Permitiuse que  os  seus cazadores,  fosen os primeiros en percorrer todas as aldeas do Courel, recollendo sinaturas  contando unha chea de falsidades, asustando  a todos coa perigosidade do animal, coa prohibición de tractores, motoserras, pastores eléctricos, aramios de espiño, recollida de leña, expropiacións, solta  masiva de osos ...... para logo presentalas  ante o Pleno do  Concello.
-         A alcaldesa do Courel, Lola Castro,  con estas  case catrocentas sinaturas presentadas  no Concello polos cazadores  aproximadamente  ¼ do censo electoral, xustificou  pedir a retirada do  Plano do  Oso, para o Concello do Courel.
-         Tampouco se lles explicou aos veciños e veciñas que con plan ou sen plan o oso vai vir igual, e pódese dar a “chistosa” casualidade de que Quiroga, máis o sur, quede no Plano do Oso, tendo  que pasar os osos Cantábricos cara Quiroga  a través do  Courel.
-           A Xunta non utilizou o servizo de gardería forestal para informar ó veciños,  nós cremos que normalmente  a Xunta utiliza este servizo no Courel para desinformar e boicotear todo tipo de  protección do Courel, recordamos que o actual Director Xeral de Conservación da Natureza foi o xefazo do clúster da madeira de Galicia.
 
É difícil entender, esta xenreira de algúns cazadores cara o oso,  que lle daría algunha emoción no monte ás anodinas e repetitivas  batidas de “ranchos”.
O xabaril, é o autentico pesadelo de labregos e gandeiros, fai moito máis dano do que pode facer o oso,  levanta os cultivos e revolve os prados,   os cazadores  cazan de balde nas súas terras e  non reciben ningunha compensación polos danos do xabaril e por riba, algúns,  presumen de matar ao lobo que é o único capaz de manter á raia o porco bravo
Os cazadores saben de sobra que o que lle contaron aos gandeiros e  veciños é mentira, porque  tamén participaron na viaxe de fai anos a Somiedo, no que tamén participou a alcaldesa , onde puideron  contrastar, un día enteiro con cazadores do Concello oseiro asturiano,  e xa comprobaron  que non había ningún problema ao respecto, e tamén puideron ver as vantaxes para os gandeiros,  nun territorio que ten  cinco veces máis gando que o Courel, con presenza de oso  continuada.
 
No resto dos  territorios  oseiros cantábricos , o oso é  uha marca  de calidade, para os gandeiros, apicultores , para o turismo ..... onde todos está incluidos neste proxecto da FOP http://www.territoriooso.org/
  e no que o Courel non podería  entrar pola torpeza dos cazadores e do Concello, que por non imformarse  axeitadamente ou por intereses persoais difíciles de entender.
 
Que o oso pardo dentro do territorio é  unha fabulosa riqueza, é unha realidade palpable no resto da Cordilleira Cantábrica e  non unha falacia de ecoloxistas caprichosos,, no concello mineiro de Villablino acaban de empregar a dez parados, restaurando minas e transformandoas en bosques para o osos.
 
O oso é unha oportunidade para  un agónico Courel por iso pedímoslle:
-         Á xunta, que neste  novo prazo de información que se abriu, informe aos veciños e veciñas e a todos os cazadores, do contido deste Plano do Oso.
-         Ó Concello do Courel, que pida a inclusión, de toda a Serra, do Courel Baixo tamén, no Plano do Oso, xa que a zona sur quedou fora, e isto impídelle aos apicultores e gandeiros acceder ás axudas deste Plan.
-          Aos cazadores  do Courel que recolleron  as sinaturas, que as retiren das alegacións do Plano  do Oso, xa que  se valeron da desinformación  e o medo para conseguilas. E que entendan que  unha maior presenza do servizo de gardería do oso, do seprona, a retirada masiva de lazos e a eliminación do furtivismo , só pode beneficialos.  En todo caso deben  entender,   que unha actividade e ocio, non pode condicionar a recuperación económica de un Concello que xa agoniza e non poden prexudicar de xeito temerario aos veciños e gandeiros que por outra banda déixanlle de balde as súas terras e montes  para que poidan cazar gratis, sen esixir o pago dos danos do corzo e do xabaril.
 
Saúdos
 
                                    _________________________
Intervención da alcaldesa
Intervención do presidente do  TECOR, O Courel Alto,  presuntos perxudicados


.

.

 
 

No hay comentarios: