Páginas

3/8/12

FESTA REVOLTA EN FROXÁN, EN DEFENSA DO PARQUE NATURAL DO CAUREL.


Programa provisional:
Venres 10 agosto 2012
22,00h. Proxección do documental "Nacional VI" de Pela del Álamo + jam session

Sábado 11 agosto 2012
11,00h. Alborada, a cargo de Mónica de Nut
11,30h. Roteiro Natural pola contorna de Froxán, con intervencións artísticas: Vicente Reboleiro (poesía), Xesús Manuel Marcos (poeta), Alfonso Parada Jato, Estevo Creus, Sechu Sende, Traspediante (danza), Elías Araujo (monicreques).
14,00h. Sesión Vermú: Os da Ría + convidados.
17,30h. Alén da Onda, radio en directo.
17,30h. Contos de sobremesa por Pablísimo.
18,30h. a 20,30h. Artes vivas para todos os públicos: Pablo Trasno (malabares), El Retrete de Dorian Gray (teatro de obxectos).
19,00h. Faladoiro sobre parques naturais e desenvolvemento rural, con Xavier Guitián (catedrático de Botánica da USC, director da Estación Biolóxica do Courel), Martiño Marcellas (biólogo), Ernesto Díaz (Asociación de Defensa de la Cordillera Cantábrica), moderado por Orlando Álvarez (asociación SOS Courel).
22,00h. Ultranoite SOS Courel, con participación de Chévere, Os Sancaetanos, Os da Ría, Carlos Santiago, Mónica García, Expo e a Ultrabanda (Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián, Max Gómez).
Todo o día. O bosque obsérvate, exposición de fotografías de Gabriel Tizón.
Na mesma aldea de Froxán habilitarase unha zona de acampada para toda a xente que queira facer noite. Tamén haberá postos de comida durante o día. Todas as actividades son de balde. A organización e financiamento desta festa corre a cargo dos veciños e veciñas de Froxán, da Asociación Cultural Fonte do Milagro de Froxán, da Asociación SOS Courel e dos propios artistas participantes, sen subvencións públicas. A colaboración das persoas asistentes será fundamental para viabilizar este tipo de proxectos.

.

.

No hay comentarios: